Históricamente, a industria de bebidas estivo entre os maiores e mellores produtores do mundo. Máis da metade da produción expórtase, de diferentes xeitos a distintos mercados.
En Forankra sabemos que a loxística de bebidas presenta múltiples retos. Viño, cava, champaña, ou bebidas infantís, leites ecolóxicos ou vexetais, aceites, entre outros, forman parte da gran variedade que presenta esta industria. Produtos moi delicados que poden verse afectados, por exemplo, por cambios bruscos de temperatura durante o transporte.
TEMPERATURA | Illamento isotérmico para contenedores marítimos de 20 e 40 pés. Protexe dos cambios de temperatura e da chamada "choiva de contedores". De fácil instalación por unha soa persoa en 5 minutos, é un produto que garante o bo estado do envío dun xeito económico.
SEGURO | Deseñado e patentado por Forankra, o sistema Bolck-Load 8000 nace co obxectivo de salvagardar a mercadoría e tamén de garantir a súa chegada a tempo. Cunha capacidade de bloqueo de 8000 daN, cumpre coas certificacións EN12195, IMO e ADR.