A profesionalidade é seguridade para todos.
A Unión Europea calcula que entre o 25% e o 45% dos accidentes no transporte por estrada débense a unha mala suxeición das cargas. E máis do 75% dos transportes incumpren a normativa vixente de estiba. Por outra banda, máis do 4% da mercadoría chega con algún dano ou outro ao seu destino.
A formación en técnicas de estiba é fundamental para a correcta suxeición da carga durante o transporte. Cun adestramento correcto evítanse accidentes persoais, danos á mercadoría, custos adicionais, máis man de obra e máis tempo investido.
CAMPUS EUMOS 40607: Experto cualificado en seguridade de carga e embalaxe durante o transporte.
EUMOS 40607 OnLine: Experto en seguridade en Carga e Embalaxe durante o transporte.
Curso presencial InCompany. En función da normativa que se aplica a cada necesidade.
Experto en estiba de contedores segundo código CTU 2014-IMO/OIT/UNECE